Lens

Calopteryx virgo

Calopteryx virgo, un odonato de regatos limpos e de corrente rápida. Os machos son azul metálico con ás escuras; as femias, verde metálico con ás ámbar e unha pequena mancha branca preto de cada punta. Unha especie, dúas solucións da mesma ecuación.

Femia de Calopteryx virgo co corpo verde metálico e as ás ámbar, pousada nun fento luminoso
Dimorfismo sexual. A mesma especie, outra solución: a femia leva ás ámbar e unha pequena mancha branca preto de cada punta.62410-8797Coentral das Barreiras
Macho de Calopteryx virgo co corpo azul metálico e as ás escuras, pousado na punta dun fento
Cor estrutural. Ese azul non é pigmento: é a luz interferindo consigo mesma. A física, vestida de lentellas.62410-3090Coentral das Barreiras

Onde velo