As poucas cousas que esta web dá por certas sen demostración. Todo o demais hai que demostralo.

Axioma 0
Area vai en todas as viaxes, aínda que non saia no encadre.
Asistente de campo. Funcións: inspeccionar cada praia, supervisar as táboas de paddle surf e comprobar, a diario, se o xeado é un recurso compartido (polo de agora: non). Un ollo marrón e outro cunha mancha azul, así que sempre ten unha segunda opinión. Ademais, é a única área desta web que se mide en metros cadrados de sofá.
- Axioma 1
Toda fotografía comeza sendo un negativo.
Aquí nada chega rematado.
- Axioma 2
Primeiro as fotos. Todo o demais é un pé de foto.
O texto explica, as formas enmarcan e nada tapa unha imaxe.
- Axioma 3
Cada lugar pertence polo menos a un conxunto.
E algúns, a varios. Para iso están as interseccións.
- Axioma 4
Cada fotograma ten un código, pero ningún código ten sucesor.
Aquí os números identifican, non contan. 73924-2958 é un nome, non un posto na cola.